Feiras de proxectos no colexio

Creamos unha vaca

Que noxo!

Nos centramos en que existe unha dinámica das persoas da nosa contorna a reaccionar con noxo ao noso proxecto. Así que decidimos crear un novo elemento para a nosa presentación. Crear unha vaca.

Gravamos a nosa curtametraxe


Nos informamos sobre a doazón de leite materno

Preparación de experimentos

Ao longo do curso descubrimos propiedades do leite que nos axudan a comprender como funciona o noso corpo.

Ensaios dos guións


Elaboración de guións

Preparamos diferentes guións para as curtametraxes.
Estes guións son elaborados individualmente, despois revisados en pequenos grupos e fusionados entre si, ata que nos quedamos cuns poucos. Con estes guións realizamos unha votación para escoller un guión para a clase.

Preparamos unha entrevista para as nais da asociación

Preparamos as entrevistas para as nais da asociación coas dúbidas que temos sobre a lactancia materna.

Estas dúbidas as separamos en diversos aspectos:
  • Funcionamento da lactancia materna: que é? por que é tan beneficiosa? que consecuencias positivas ten? diferenzas entre lactancia materna directa ou a través de biberón?
  • Experiencias e puntos de vista sobre a lactancia materna: sucesos persoais das nais que nos visitan, acontecementos desagradables e apoio da familia e a parella. 
  • Lactancia materna en público: que acontece se te chaman a atención?
  • Lactancia materna e actividades: que se pode facer mentres se é lactante? É preciso deixar de facer actividades? Se pode fumar ou beber mentres se emprega a lactancia materna?
Recibimos a visita de dúas persoas pertencentes á asociación de nai a nai e formulamos diversas preguntas.

Que sabemos da lactancia materna?

Sendo un tema tan amplo debemos comezar a seleccionar que imos a traballar. Escollemos varias liñas de traballo.


Decidindo un proxecto

Dado o éxito do ano pasado, decidimos abarcar un novo tema sobre o que traballar neste presente curso.

Realizamos unha tormenta de ideas sobre diferentes propostas para un proxecto, sendo algunhas destas as seguintes: feminismo, curtametraxes, lactancia materna, Cleopatra e Exipto e un proxecto histórico.

Cada alumna e alumno se asocia libremente baixo unha das ideas resultantes e preparan unha exposición para convencer ao resto de compañeiras e compañeiros.